notaria >> apuntes

notaria.org: para os notarios galegos


Índice de leis galegas...
documentos
apuntes
resolucións

Rexistro de parellas de feito

Documentos necesarios para a inscripción no Rexistro

Modelo de pacto regulador das relacións económicas e patrimoniais da parella

     8-Xaneiro-2008: Publícase no DOGA o Decreto de Creación do Rexistro de Parellas de feito de Galicia. Entrada en vigor ós 20 días das súa publicación.

      A inscrición nel é totalmente gratuíta e voluntaria, pero ten carácter constitutivo.

     Segundo a disposición adicional terceira da Lei de Dereito Civil de Galicia, tal como quedou redactada pola Lei Lei 10/2007, do 28 de xuño: " Disposición adicional terceira
1. Para os efectos da aplicación desta lei, equipáranse ao matrimonio as relacións maritais mantidas con intención ou vocación de permanencia, co que se estenden aos membros da parella os dereitos e as obrigas que esta lei lles recoñece aos cónxuxes.
2. Terán a condición de parellas de feito as unións de dúas persoas maiores de idade, capaces, que convivan coa intención ou vocación de permanencia nunha relación de afectividade análoga á conxugal e que a inscriban no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, expresando a súa vontade de equiparar os seus efectos aos do matrimonio.
Non poden constituír parellas de feito:
a) Os parentes en liña recta por consanguinidade ou adopción.
b) Os colaterais por consanguinidade ou adopción ata o terceiro grao.
c) Os que estean ligados por matrimonio ou formen parella de feito debidamente formalizada con outra persoa.
3. Os membros da unión de feito poderán establecer validamente en escritura pública os pactos que consideren convenientes para rexer as súas relacións económicas durante a convivencia e para liquidalas tras
a súa extinción, sempre que non sexan contrarios ás leis, limitativos da igualdade de dereitos que corresponden a cada convivente ou gravemente prexudiciais para cada un deles.
Serán nulos os pactos que contraveñan a anterior prohibición".

     Desta maneira, a constitución da parella de feito só se entenderá efectuada a partir da súa inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, que se configura como un rexistro único para toda a Comunidade Autónoma, ainda que con funcionamento descentralizado.

      O Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, está adscrito á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

     Destacamos as seguintes normal do Decreto:

     "Artigo 4º.-Funcións do rexistro. Correspóndelle ao Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, a través das delegacións provinciais da consellería competente en materia de xustiza na provincia respectiva, as seguintes funcións:
a) A tramitación e resolución das solicitudes de inscrición e a anotación, así como, de ser o caso, de cancelación e a práctica das que procedan;
b) A certificación e demais formas de publicidade dos datos que constan no rexistro referidas a solicitudes, inscricións, cancelacións, existencia e contido dos pactos, modificacións destes, acreditacións documentais e calquera outra comprendida no correspondente expediente administrativo. ..."

     "Artigo 6º.-Actos inscritibles. 1. Serán obxecto de inscrición:
a) As declaracións de constitución, modificación e extinción das parellas de feito.
b) Os pactos que os membros da parella de feito consideren convenientes para rexer as súas relacións económicas durante a convivencia e para liquidalas tras a súa extinción, sempre que non sexan contrarios ás leis, limitativos da igualdade de dereitos que corresponden a cada convivente ou gravemente prexudiciais para cada un deles. "

     "Artigo 23º.-Cancelación da inscrición. 1. As inscricións extínguense pola súa cancelación. 2. A cancelación terá lugar:
a) Por petición de ambos os membros da parella. A petición deberá facerse por escrito con indicación do lugar e data e a sinatura de ambos.
b) Por petición dun dos membros da parella.
A petición deberá constar por escrito con indicación do lugar e data e a sinatura da persoa que solicita a cancelación. A solicitude deberá ir acompañada de documento que lle acredite suficientemente a notificación da vontade de extinguir a parella ao outro membro..."

     "Artigo 25º.-Publicidade do rexistro.
1. O rexistro expedirá certificacións da inscrición ou de calquera outro extremo dos contidos no rexistro por instancia dos membros da parella de feito, de quen acredite un interese lexítimo e dos xulgados e
tribunais de xustiza..."

   

Hola Amig@s...


"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senon que nos guste o que facemos." (GOETHE)

"Non me resigno a que, cuando eu morra, siga o mundo coma se eu non houbera vivido" (Pedro Arrupe)


TOP: Ir ó INICIO desta páxina

Benvid@, a notaria.org

 Contador


Que teña vostede un bo día