notaria >> apuntes

notaria.org: para os notarios galegos


Índice de leis galegas...
documentos
apuntes
resolucións

Documentación a presentar para solicitar a inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia


a) Impresos oficiais:
- Anexo I (modelo de solicitude): un só impreso conxunto.
- Anexo II (declaración de vontade de constituír parella de feito): un por cada membro da parella (deben comparecer ambos membros da parella perante os funcionarios encargados do Rexistro de Parellas de Feito para manifestar PERSOALMENTE a súa vontade).
- Anexo III (declaración responsable de ambos de non teren constituída parella de feito con outra persoa): un por cada membro da parella.
- Anexo IV (declaración responsable de non teren relación de parentesco): un por cada membro da parella.
- Anexo V (declaración responsable de non estar incapacitado/a xudicialmente para prestar consentimento): un por cada membro da parella.

b) Documentación anexa obrigatoria:
- Fotocopia compulsada dos DNI (ou traer DNI orixinais máis unha copia para que o persoal funcionario as poida compulsar).
- Certificado de empadroamento de ambos membros nun mesmo municipio, calquera que sexa este dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Certificado do Rexistro Civil (ou equivalente en caso de estranxeiros) de cada membro da parella, no que conste o seu estado civil.
- Só para o caso de que existise algún vínculo matrimonial anterior á solicitude da constitución da parella de feito: sentenza xudicial de divorcio ou nulidade, ou certificado literal de matrimonio expedido polo Rexistro Civil.
- Só para o caso de que existan fillos en común da parella ou dalgún dos membros do mesma por separado: fotocopia compulsada do libro de Familia.

c) Documentación opcional, non obrigatoria:
- Pacto regulador das relacións económicas e patrimoniais da parella (necesariamente en escritura pública).

 

 

Hola Amig@s...


"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senon que nos guste o que facemos." (GOETHE)

"Non me resigno a que, cuando eu morra, siga o mundo coma se eu non houbera vivido" (Pedro Arrupe)


TOP: Ir ó INICIO desta páxina

Benvid@, a notaria.org

 Contador


Que teña vostede un bo día