notaria >> documentos

notaria.org: para os notarios galegos


Índice de leis galegas...
documentos
apuntes
resolucións

DOAZÓN

     NÚMERO
     Na Vila de **, a miña residencia, provincia de Ourense, a día **, perante min, *** Notario do Ilustre Colexio de Galicia,
                                               COMPARECEN:
     Dunha parte:
     Dona **, maior de idade, casada, veciña de San Cristovo De Cea, provincia de Ourense, con domicilio en **, e con D.N.I. número **.
     Doutra parte, a súa filla:
     Dona **, maior de idade, casada, veciña de A Coruña, provincia da Coruña, con domicilio en **, e con D.N.I. número **.
     INTERVEÑEN no seu propio nome e dereito.
     Identifícoas polos seus salientados documentos. As restantes circunstancias persoais constan segundo as súas manifestacións. Xúlgoas, tal e como interveñen, con capacidade para outorgar esta escritura e ó efecto,
                                                     EXPOÑEN
     I.- Que ** é dona da seguinte finca sita no lugar e municipio de San Cristovo de Cea:
     RÚSTICA.- Lameiro chamado “REGUIÑA” que ten unha superficie duns setecentos sesenta e cinco metros cadrados e que linda: Norte, Rúa da Saleta; Sur, **; Leste, **; e Oeste, **.
     TÍTULO.- Segundo manifesta perténcelle por herdanza de Dona ** e foille adxudicada en escritura outorgada perante min, nesta vila do Carballiño, o día de hoxe, baixo o número anterior de protocolo.
     INSCRICIÓN.- Non consta inscrita, segundo manifesta, polo que lles advirto dos requisitos establecidos pola lexislación vixente para a inmatriculación dos inmobles no rexistro da propiedade.
     DATOS CATASTRAIS.- Ten a referencia catastral número **, segundo resulta da certificación catastral que me exhiben, e da que obteño fotocopia fiel para unir a esta matriz.
     CARGAS E ARRENDOS.- Din que se atopa libre dunhas e doutros.
     II.- E, exposto canto antecede, pola presente,
                                                     OUTORGAN
     PRIMEIRO.- Dona ** DONA á súa filla Dona **, que ACEPTA, agradecida, o pleno dominio do inmoble descrito na exposición desta escritura.
     SEGUNDO.- Os honorarios desta escritura serán a cargo da parte donataria.
     TERCEIRO.- A efectos fiscais valoran a finca obxecto desta escritura en **.
     A efectos fiscais a donataria fai constar que é maior de vinte e un anos, que o seu patrimonio preexistente é inferior a trescentos sesenta mil seiscentos sete euros, que esta é a primeira doazón que recibe da donante nos últimos tres anos e que fixa como domicilio para notificacións e requirimentos o que consta na comparecencia.
     Fago as advertencias previstas nos artigos 175 e 249 do Regulamento notarial.
     As comparecentes manifestan quedar informadas e solicitan a non presentación telemática e a non presentación por fax desta escritura no rexistro da propiedade.
     Advirto expresamente de que os bens transmitidos quedan afectos por ministerio da Lei ó pago do IBI respecto dos períodos non prescritos.
Fago as demais reservas e advertencias legais, especialmente as fiscais, advertíndolle ás comparecentes da obrigación de presentar este documento a liquidación no prazo de trinta días hábiles dende a súa data, a afección dos bens ó pago do imposto, a responsabilidade en que incorrerían en caso de incumprimento, e, en xeral, das obrigas e responsabilidades tributarias que incumben a uns e outros nos aspectos material, formal e sancionador, e das consecuencias de toda índole que poderían derivarse, no seu caso, da inexactitude das súas declaracións.
     Fíxenlle ás comparecentes as reservas e advertencias da LO 15/1999 de protección de datos de carácter persoal. Dacordo co establecido na Lei Orgánica 15/1999 as comparecentes quedan informadas e aceptan a incorporación dos seus datos (e copia do seu DNI nos casos previstos na Lei) ó protocolo notarial e ós ficheiros da Notaría, que se conservarán nesta con carácter confidencial, sen prexuízo das comunicacións ás Administracións Públicas que estipula a Lei, e, no seu caso, ó notario que suceda ó actual na praza. A súa finalidade é realizar a formalización deste instrumento público, a súa facturación e seguimento posterior e as funcións propias da actividade notarial. Poden exercitar o seu dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición na notaría autorizante.
     Dou fe de identificar ás comparecentes, de que ó meu xuízo teñen, no modo en que interveñen, capacidade e lexitimación para este outorgamento, de que o seu consentimento foi libremente prestado, e de que o outorgamento se adecúa á legalidade e á vontade debidamente informada das outorgantes ou intervenientes.
     Leo esta escritura ás comparecentes, pola súa elección, e, manifestando quedar enteradas e debidamente informadas do contido desta escritura pública á que prestan o seu libre consentimento, apróbana e asínana comigo, o notario, que de todo o expresado neste instrumento público, estendido en catro folios de papel exclusivo para documentos notariais da serie **, números **, DOU FE.

 

 

Hola Amig@s...


"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senon que nos guste o que facemos." (GOETHE)

"Non me resigno a que, cuando eu morra, siga o mundo coma se eu non houbera vivido" (Pedro Arrupe)


TOP: Ir ó INICIO desta páxina

Benvid@, a notaria.org

 Contador


Que teña vostede un bo día