notaria >> documentos

notaria.org: para os notarios galegos


Índice de leis galegas...
documentos
apuntes
resolucións

HERDANZA

     NUMERO
     Na Vila de **, a miña residencia, provincia de Ourense, a día ***, perante min, **, Notario do Ilustre Colexio de Galicia,
                                             COMPARECEN:

      Dona **, maior de idade, solteira, veciña de San Cristovo De Cea, provincia de Ourense, con domicilio en **, e con D.N.I. número **.
     Don **
     INTERVEÑEN no seu propio nome e dereito.
     Identifícoas polos seus sinalados documentos de identidade. As restantes circunstancias persoais constan segundo as súas manifestacións. Xúlgoos, tal e como interveñen, con capacidade para outorgar esta escritura.
                                                   EXPOÑEN
    
I.- Que Dona ** con D.N.I. número ** faleceu o día **, en **, en estado de casada con Don **, e deixando sete fillos chamados ***.
     Que a devandita causante faleceu baixo outorgado testamento perante o Notario de Ourense, Don **, o día **, baixo o número ** de protocolo.
     Certificados de defunción e do Rexistro Xeral de Actos de Última Vontade e Copia do citado testamento acompañaranse á copia desta escritura.
     II.- INVENTARIO E VALORACIÓN.- Que entre os bens que quedaron ó falecemento de Dona ** está o seguinte, sito no lugar e municipio de San Cristovo de Cea (Ourense):
     RÚSTICA.- Lameiro chamado “REGUIÑA” que ten unha superficie duns setecentos sesenta e cinco metros cadrados e que linda: Norte, Rúa da Saleta; Sur, **; Leste, **; e Oeste, **.
     TÍTULO.- Segundo manifesta perténcelle por herdanza de Dona **.
     INSCRICIÓN.- Non consta inscrita, segundo manifesta, polo que lles advirto dos requisitos establecidos pola lexislación vixente para a inmatriculación dos inmobles no rexistro da propiedade.
     DATOS CATASTRAIS.- Ten a referencia catastral número **, segundo resulta do recibo do IBI que me exhiben, e do cal obteño fotocopia fiel para unir a esta matriz.
     CARGAS E ARRENDOS.- Áchase libre dunhas e doutros, segundo afirman os expoñentes e segundo resulta de información rexistral obtida por fax, fotocopia do cal incorporo a esta matriz.
     Advirto expresamente ós comparecentes que en todo caso prevalecerá a situación rexistral existente con anterioridade á presentación de copia autorizada desta escritura no rexistro da propiedade.
     Valórase a finca antes descrita en **.
     III.- IMPOSTO SUCESORIO.- Manifestan que foi declarada prescrita a devandita herdanza pola Oficina Liquidadora do Carballiño o día **.
                                                OUTORGAN:

     PRIMEIRO.- Don**,.. e Don **, aceptan pura e simplemente a herdanza deferida ó seu favor polo falecemento de Dona ** e a conta de dita herdanza adxudícanse por partes iguais o pleno dominio da finca descrita na exposición desta escritura.
     SEGUNDO.- CERTIFICADO DO REXISTRO DE CONTRATOS DE SEGUROS DE COBERTURA DE FALECEMENTO. Fago as reservas e advertencias legais oportunas relativas ó dito rexistro, e ademais expresamente fago constar que no caso de que do certificado do rexistro se desprenda a existencia dalgún seguro con cobertura de falecemento, informo ós interesados do disposto pola normativa reguladora do contrato de seguro en relación á designación de beneficiario e, en particular, no primeiro parágrafo do artigo 88 da Lei 50/1980, de 8 de outubro, de Contrato de Seguro, facendo as advertencias oportunas a fin de que os interesados coñezan que a existencia do contrato de seguro non presupón a existencia de ningún dereito a favor dos herdeiros nin implica a obrigación de integrar as prestacións que puidesen derivarse do contrato de seguro no caudal hereditario.
     Os interesados non achegan o certificado do rexistro xeral de contratos de seguros de cobertura de falecemento, e solicitan que se outorgue a presente escritura sen incorporar o devandito certificado e sen que o mesmo se solicite tampouco polo Notario polo procedemento telemático previsto, debido a que pasaron máis de cinco anos e dezaseis días desde o falecemento do causante, e tendo en conta o disposto no artigo 11 3ª do RD 398/2007, de 23 de marzo.
     Fago as advertencias previstas nos artigos 175 e 249 do Regulamento notarial.
     Os comparecentes manifestan quedar informadas e solicitan a non presentación telemática e a non presentación por fax desta escritura no rexistro da propiedade.
     Advirto expresamente de que os bens transmitidos quedan afectos por ministerio da Lei ó pago do IBI respecto dos períodos non prescritos.
Fago as demais reservas e advertencias legais, especialmente as fiscais, advertíndolle ós comparecentes da obrigación de presentar este documento a liquidación no prazo de trinta días hábiles dende a súa data, a afección dos bens ó pago do imposto, a responsabilidade en que incorrerían en caso de incumprimento, e, en xeral, das obrigas e responsabilidades tributarias que incumben a uns e outros nos aspectos material, formal e sancionador, e das consecuencias de toda índole que poderían derivarse, no seu caso, da inexactitude das súas declaracións.
     Fíxenlle ós comparecentes as reservas e advertencias da LO 15/1999 de protección de datos de carácter persoal. De acordo co establecido na Lei Orgánica 15/1999 os comparecentes quedan informados e aceptan a incorporación dos seus datos (e copia do seu DNI nos casos previstos na Lei) ó protocolo notarial e ós ficheiros da Notaría, que se conservarán nesta con carácter confidencial, sen prexuízo das comunicacións ás Administracións Públicas que estipula a Lei, e, no seu caso, ó notario que suceda ó actual na praza. A súa finalidade é realizar a formalización deste instrumento público, a súa facturación e seguimento posterior e as funcións propias da actividade notarial. Poden exercitar o seu dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición na Notaría autorizante.
     Dou fe de identificar ós comparecentes, de que ó meu xuízo teñen, no modo en que interveñen, capacidade e lexitimación para este outorgamento, de que o seu consentimento foi libremente prestado, e de que o outorgamento se adecúa á legalidade e á vontade debidamente informada dos outorgantes ou intervenientes.
     Leo esta escritura ós comparecentes, pola súa elección, e, manifestando quedar enterados e debidamente informados do contido desta escritura pública á que prestan o seu libre consentimento, apróbana e asínana comigo, o Notario, que de todo o expresado neste instrumento público, estendido en catro folios de papel exclusivo para documentos notariais da serie **, números **, DOU FE.

 

Hola Amig@s...


"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senon que nos guste o que facemos." (GOETHE)

"Non me resigno a que, cuando eu morra, siga o mundo coma se eu non houbera vivido" (Pedro Arrupe)


TOP: Ir ó INICIO desta páxina

Benvid@, a notaria.org

 Contador


Que teña vostede un bo día