notaria >> documentos

notaria.org: para os notarios galegos


Índice de leis galegas...
documentos
apuntes
resolucións

O PODER DE MONTEVIDEO

Resumo dun pequeno relato de Luis Moure Mariño.


     Un emigrante galego outorgou perante o Cónsul de España en Montevideo un poder. A escritura tiña, ademais do contido habitual, unha cláusula extraordinaria que dicía: “...Que faculta igualmente ó apoderado para que venda tódolos bens, accións e dereitos que por calquera título lle correspondan en España ó outorgante, con excepción da póla que mira cara ó Poñente do Carballo Grande de Basán...”
     O apoderado, que era un crego galego, levoulle aquel poder a un notario, para que lle botase unha ollada. Supoño que sería para que lle dixese se estaba ben feito e se valía para vender os bens da persoa que outorgara o mandato.
     O notario que leu o poder tivo curiosidade por saber cal era a razón da devandita cláusula extraordinaria, preguntou onde estaba ese carballo e foino ver. Efectivamente o carballo era moi grande. O seu tronco era tan groso que para abrazalo farían falta media ducia de homes.
     E o máis curioso daquel carballo era que as súas polas estaban divididas entre diferentes donos, mentres que o tronco afincaba en monte comunal. Pode ser este un exemplo extremo de a onde pode chegar en Galicia o minifundio e o reparto da propiedade.
     E unha daquelas polas, precisamente a que sinalaba cara o Poñente, era a que se reservaba para si a persoa que fixera o poder en Montevideo. Cal sería a razón pola que non quería que fose vendida?.
     Había moitos anos que aquel emigrante embarcara para o Uruguai. Alí fundou a súa vida. Moitas veces sentiu saudade e ganas de volver á súa Terra. Pero o destino pechoulle os camiños do regreso. E a razón pola que quería conservar aquela póla daquel carballo era porque debaixo dela, facía máis de medio século, dixéralle a súa nai o último adeus.

 

Hola Amig@s...


"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senon que nos guste o que facemos." (GOETHE)

"Non me resigno a que, cuando eu morra, siga o mundo coma se eu non houbera vivido" (Pedro Arrupe)


TOP: Ir ó INICIO desta páxina

Benvid@, a notaria.org

 Contador


Que teña vostede un bo día