notaria >> documentos

notaria.org: para os notarios galegos


Índice de leis galegas...
documentos
apuntes
resolucións

Testamento

     NUMERO
     Na Vila de **, a miña residencia, provincia de Ourense, a día **, perante min, **, Notario do Ilustre Colexio de Galicia,
                                            COMPARECE
     Dona ***, de veciñanza civil galega, veciña de **(Ourense), con domicilio en ***, e con D.N.I. número **.
     MANIFESTA: que naceu no Municipio de ** (provincia de **), o día **, que é filla de Don ** e de Dona **, ambos falecidos, que está casada en únicas nupcias con Don ** e que deste matrimonio ten ** fillos, chamados Don ***. Que non ten máis fillos.
     Identifícoa polo seu D.N.I., e xúlgoa con capacidade e lexitimación para outorgar o seu TESTAMENTO, e faino consonte ás seguintes:
                                             CLÁUSULAS
     PRIMEIRA.- INSTITÚE herdeiros ós seus nomeados fillos.
     SEGUNDA.- SUBSTITÚE ós herdeiros nomeados polos seus respectivos descendentes, por estirpes, e para os casos de premoriencia, renuncia ou incapacidade.
     Fíxenlle á testadora as reservas e advertencias da LO 15/1999 de protección de datos de carácter persoal.
     Leo en voz alta e integramente este testamento á testadora, a cal asegura que sabe e pode facelo de seu, e renuncia a tal dereito, do que a advirto, e, manifestando quedar debidamente informada do seu contido, encóntrao conforme coa súa vontade, apróbao e asínao, prestando ó mesmo o seu libre consentimento.
     De identificala, de terse observado nun só acto as solemnidades legais, de que o consentimento foi libremente prestado e de que o outorgamento se adecúa á legalidade e á vontade debidamente informada da outorgante e, en xeral, de todo o expresado neste instrumento público, estendido en dous folios de papel exclusivo para documentos notariais, da serie **, números **, cuxo outorgamento remata ás **horas do mesmo día, eu, o notario, DOU FE.
DOCUMENTO SEN CUANTÍA.

 

Hola Amig@s...


"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senon que nos guste o que facemos." (GOETHE)

"Non me resigno a que, cuando eu morra, siga o mundo coma se eu non houbera vivido" (Pedro Arrupe)


TOP: Ir ó INICIO desta páxina

Benvid@, a notaria.org

 Contador


Que teña vostede un bo día